- Creación dun ambiente sonoro. Creei un ambiente de bosque tenebroso con sons de vento, pasos, grilos, outro vento diferente e ouveos.
- Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música. Decidín poñerlle música ao poema "Sempre pola morte esperas", de Rosalía de Castro.
- Simulación dun programa radiofónico de música. No programa usei as cancións The Little Robot, de Forget the Whale, e Build My Gallows High, de Roller Genoa (A miña intervención é entre os minutos 3:30-4:30).
- Redeseño dun son. A partir dun son orixinal creei outro, sobre todo usando a ferramenta do eco.
TIC Moraima Aragundi 1ºA BACH
martes, 20 de junio de 2017
Práctica 17: Audacity
Nesta práctica realicei 4 exercicios no programa Audacity.
domingo, 18 de junio de 2017
Práctica 16: Ciberactivismo
Nesta práctica falarei sobre o ciberactivismo, a miña experiencia con él e a miña opinión ao respecto.
O ciberactivismo consiste no uso dos recursos tecnolóxicos e de internet para compartir información, participar en actos e expresar temas sobre os que un non está de acordo. Os principais medios sociais nos que podemos encontrar ciberactivismo son Twitter, Facebook e Youtube. Tamén hai páxinas, como Change, que difunden causas sociais.

Unha gran vantaxe do ciberactivismo é que é moi accesible. No meu caso, hai temas dos que non me habería concienciado de non ser polo ciberactivismo. Ademais, é unha forma de difundir calquera causa a grandes masas de xente e promover a asistencia a manifestacións e actos. É unha ferramenta inmediata, coa que podes comunicarte con calquera persona en calquera parte do mundo nuns segundos. Aínda que tamén ten uinha gran desvantaxe: non todo o que les nas redes é fiable. En páxinas como Change, si, pero en redes como Twitter, Youtube, etc; non. Por outra parte, o ciberactivismo pode crear desconfianza debido a recibir tanta cantidade de información que non sabemos si é verdade ou non.
Na miña opinión, o ciberactivismo é uinha ferramenta moi importante. Grazas a el pódeste enterar de diversas causas sociais e despois, pola túa conta, informarte a fondo e acudir a eventos. E aínda que sexa unha gran ferramenta, a loita non é suficiente se queda nas redes. Tamén pode haber desconfianza debido a que hai a posibilidade de recibir spam disfrazado de ciberactivismo, polo que debemos aprender a diferenciar a información real da falsa.
Unha causa coa que estou familiarizada é a do feminismo, que busca a liberación da muller e ten como consecuencia a igualdade co home. A pesares de escoitar falar sobre este movemento na miña realidade, onde máis aprendín foi nas redes. Ademais, ao vivir nun sitio pequeno, non é que haia moitos eventos por aquí para acudir. Considero que é unha causa coa que todas as mulleres deberíamos estar familiarizadas xa que é un tema que nos afecta. Outra causa de grande importancia é a dos refuxiados sirios.
lunes, 29 de mayo de 2017
Práctica 15: Pop Art con Inkscape e Gimp
Boas! Nesta práctica aprendemos a realizar un Pop Art.
En Inkscape, fixen un do actor Matthew Gray Gubler.
En gimp, fixen un dunha pequena modelo que sigo en instagram, Jude Karda.
En Inkscape, fixen un do actor Matthew Gray Gubler.
Fixen outro da actriz Bae Doona, tamén en Inkscape.
En gimp, fixen un dunha pequena modelo que sigo en instagram, Jude Karda.
lunes, 22 de mayo de 2017
Práctica 14. Tatuaxe dixital
Boas, para esta práctica deseñei tres tatuaxes en inkscape e despois adapteinas ao meu corpo no programa gimp.
O primeiro é un glifo que representa o elemento terra.
O segundo é o ollo de Horus, da mitoloxía exipcia.
O primeiro é un glifo que representa o elemento terra.
O segundo é o ollo de Horus, da mitoloxía exipcia.
O último é unha rosa, pero esta vez púxenllo á actriz Jenniffer Lawrence.
miércoles, 3 de mayo de 2017
Práctica 13: Caligramas
A primeira práctica deste terceiro trimestre consiste en facer un caligrama.
Para o caligrama de contorno escollín a canción de Uma Thurman, de Fall Out Boy. Esta canción fai referencia á actriz americana Uma Thurman, bailando con John Travolta nunha escena característica da película Pulp Fiction.
Para facelo máis vistoso, decidín facer unha montaxe cun cartel minimalista da película.
Para o caligrama de dintorno escollín a canción Ne Leiche, de SDP (ft, Sido). A canción é en alemán e fala de que encontraron un cadáver no seu sótano e barallan decisións para desfacerse del. Tamén decidín facer unha montaxe, axudándome de gimp.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)