martes, 18 de octubre de 2016

Práctica 03: Que uso lle dou ao ordenador (e ao smartphone)

Ola a todos! 

Hoxe en día, o ordenador é un útil moi importante na vida de case calquera persoa. Xa non podo imaxinarme como sería a vida sen un destes aparatos, nin sen un smartphone. A continuación explicarei os usos que lle dou ao ordenador e por que.




Normalmente, eu uso o ordenador para facer traballos, así como para ver series e películas que me gustan. Actualmente, a internet é unha ferrramenta moi importante coa que tamén se traballa en colexios e institutos. Desta maneira, utilízoo en numerosas ocasións para buscar información e facer traballos. Esto é unha gran punto a favor do ordenador, xa que podes encontrar información moito máis rápido que nunha enciclopedia, por expemplo. Pero tamén ten unha desvantaxe: as familias máis necesitadas ao mellor non poden permitirse compralo nin ter Internet debido ao seu custo. 

No meu tempo libre, aproveito para ver series e películas e series. Sen o o ordenador, non me sería posible ver tantas series e películas como vin ata o día de hoxe. Ademais, tamén é útil para facer compras por internet e facer xestións, como pedir vez para o médico. As compras por internet teñen a vantaxe de que podes encontrar o que queiras a precios tirados, pero ao mellor non veñen no estado que presentan na foto ou, no caso da roupa, non sabes se che quedará ben. 

Para outros usos, como entrar a redes sociais, é moito máis útil o smartphone, xa que o podes levar a onde che apeteza. Ademais de escoitar música e poder ver as túas foto: dañan a nosa vista e creánnos adición. Antes, quedando con amigos, todos falábamos entre nós. Agora, hai momentos nos que parece que só existe o móbil. Esta situación pàréceme moi triste, a verdade. 

A pesar disto, é un invento con moitas utilidades e moitas posibilidades de futuro. Hoxe en día, moita xente traballa cun ordenador: os administrativos, os programadores, os fotógrafos... Aparentemente, é un útil que ten un longo camiño por diante antes de que deixe de usarse, pero eu creo que acabará sendo substituído polas tablets ou móbiles polo simple feito de que é máis fácil o seu uso esteas onde esteas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario