martes, 20 de junio de 2017

Práctica 17: Audacity

Nesta práctica realicei 4 exercicios no programa Audacity.


  1. Creación dun ambiente sonoro. Creei un ambiente de bosque tenebroso con sons de vento, pasos, grilos, outro vento diferente e ouveos.
  2. Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música. Decidín poñerlle música ao poema "Sempre pola morte esperas", de Rosalía de Castro. 
  3. Simulación dun programa radiofónico de música. No programa usei as cancións The Little Robot, de Forget the Whale, e Build My Gallows High, de Roller Genoa (A miña intervención é entre os minutos 3:30-4:30). 
  4. Redeseño dun son. A partir dun son orixinal creei outro, sobre todo usando a ferramenta do eco. 




domingo, 18 de junio de 2017

Práctica 16: Ciberactivismo

Nesta práctica falarei sobre o ciberactivismo, a miña experiencia con él e a miña opinión ao respecto. 

O ciberactivismo consiste no uso dos recursos tecnolóxicos e de internet para compartir información, participar en actos e expresar temas sobre os que un non está de acordo. Os principais medios sociais nos que podemos encontrar ciberactivismo son Twitter, Facebook e Youtube. Tamén hai páxinas, como Change, que difunden causas sociais. 

A miña experiencia co ciberactivismo é máis ben pouca. Participei nalgunha campaña de change.org, como a petición para parar a megaminaría en Galicia, pero creo que nunca fun a algún acto promovido polo ciberactivismo. Aínda así, fago uso del. Moitas veces, informeime a través de redes como twitter e youtube, onde aprendín diversas cousas respecto ao feminismo ou ao colectivo lgtb+. 

Unha gran vantaxe do ciberactivismo é que é moi accesible. No meu caso, hai temas dos que non me habería concienciado de non ser polo ciberactivismo. Ademais, é unha forma de difundir calquera causa a grandes masas de xente e promover a asistencia a manifestacións e actos. É unha ferramenta inmediata, coa que podes comunicarte con calquera persona en calquera parte do mundo nuns segundos. Aínda que tamén ten uinha gran desvantaxe: non todo o que les nas redes é fiable. En páxinas como Change, si, pero en redes como Twitter, Youtube, etc; non. Por outra parte, o ciberactivismo pode crear desconfianza debido a recibir tanta cantidade de información que non sabemos si é verdade ou non.

Na miña opinión, o ciberactivismo é uinha ferramenta moi importante. Grazas a el pódeste enterar de diversas causas sociais e despois, pola túa conta, informarte a fondo e acudir a eventos. E aínda que sexa unha gran ferramenta, a loita non é suficiente se queda nas redes. Tamén pode haber desconfianza debido a que hai a posibilidade de recibir spam disfrazado de ciberactivismo, polo que debemos aprender a diferenciar a información real da falsa.

Unha causa coa que estou familiarizada é a do feminismo, que busca a liberación da muller e ten como consecuencia a igualdade co home. A pesares de escoitar falar sobre este movemento na miña realidade, onde máis aprendín foi nas redes. Ademais, ao vivir nun sitio pequeno, non é que haia moitos eventos por aquí para acudir. Considero que é unha causa coa que todas as mulleres deberíamos estar familiarizadas xa que é un tema que nos afecta. Outra causa de grande importancia é a dos refuxiados sirios.